A Teixeira 1962

Praza de A Teixeira ano 1962. A esquerda da foto pódese apreciar o tellado da capela recentemente ampliada, a edificación alargouse e subiuse en altura na zona que hoxe ocupa o altar, esa obra foi sufragada polos veciños do pobo, concretamente a de carpintería realizouna José Ramón Rodríguez González. Por aqueles tempos o cura era Xosé Temes natural da parroquía de Santa María de A Barra (Coles) e levaba exercendo o cargo dende facía catro anos. Chegou sustituíndo o difunto D. Secundino (cura da parroquia durante os anos 1912 - 1954) proveniente do convento de Santa Isabel (s.XVII) en Gordexola, Bilbao. Entre os anos 1954 e 1958 a parroquia foi atendida por D. Antonio, cura de Santa Tecla. Ó fondo da praza encontrábase o "Pilón" unha fonte construida no ano 1932 polo señor Lozano, natural da zona de Ramil e empregado da antiga cerámica de A Veiga (Maceda) ata o seu falecemento foi veciño do pobo de Xunqueira de Espadañedo. A Teixeira 60 anos despois.