Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como A Teixeira

Videos A Teixeira

Imagen

Fotos de xente da Teixeira

Imagen
María Xosé traenos unhas fotos para o recordo. Manolo Ramos, María Xosé, Ruperto, Ciano e Pili María Xosé e Ruperto ca súa avoa Manuela. Matilde, Encarna, Manuela, a señora Legunda e Rosa. Primeira comunión en Lumeares.  

A Teixeira a vista de dron, un vídeo de Gil

Imagen
A Teixeira a vista do dron de "Gil"

Música en Cada Rincón 2021 - Suakai da un concerto na praza de A Teixeira

Imagen
O grupo Suakai da un concerto na praza de A Teixeira. Vídeos:   Música en Cada Rincón 2021 , o proxecto de "Music to Dream" que leva a música aos pobos máis pequenos de cada comunidade autónoma. Nesta ocasión, a música do espectáculo "Luces, Música ¡Acción!"  A Teixeira (Ourense, Galicia) - 21 de agosto de 2021 https://www.musictodream.com/musica-e... Equipo: Liesbeth Baelus - violín Claudia Osés - violín e mandolina Alejandro Saúl Martínez - violoncellos Iván Carmona - violonchelo, frautas, duduk e guitarra Daniel Domínguez- batería e percusión Josu Erviti - enxeñeiro de son e trombón Ander Carmona - fotografía Rodamos Films (Fermín García y Javier Rodríguez) - audiovisuales Ilazki Martirena - vestiario Gañadora de "Música en Cada Rincón 2021" en Galicia: Paula Diz

Carta de Amor: A Teixeira (Blas Aranda Gómez)

Imagen
  Blas Aranda Gómez autor do vídeo.

Reportaxe de El País. Ourense, el epicentro de la España envejecida (2019)

Imagen
  Ourense, el epicentro de la España envejecida | Internacional | EL PAÍS (elpais.com)

A Teixeira, reportaxe de "Galicia para o mundo" (TVG,2011)

Imagen
  Reportaxe de "Galicia para o mundo"

Reportaxe Informe Semanal (TVE), "España envejece" (2015)

Imagen
Imáxe de Benito veciño de A Teixeira  

Escrito de José Armesto Quiroga 14-12-1812

Imagen
Representación pola que D. José Armesto Quiroga, veciño de A Teixeira, parroquia de San Salvador de Lumeares, solicita que se equipen as alarmas de todo o necesario para a guerra ante o perigo de que os franceses entren de novo en Galicia  .  

Acuarela da praza de A Teixeira

Imagen
  Este cadro, propiedade de José Rodríguez Vázquez (xa falecido), foi recreado partindo dun recorte de prensa dos anos 70.

Un coche na praza de A Teixeira 1953

Imagen
Nesta foto pódese ver o coche americano do Melquiades (natural de Forcas) casado ca Manuela (filla do Perfecto do Gallardo) emigrantes en Cuba e propietarios de varios hoteles,un deles tíñano situado en Camagüei e o seu director era o Perfecto (tio do Pepiño). Os nenos que están o carón do coche son: Arriba; Manuel (da Ana Branca), Mingos, Carlos (do Abó) e Mariano,   Abaixo; Sindo, Fidel e Pepe (Villacarmen).

Escola de nenas (A Teixeira, 1960)

Imagen
  Arriba de esquerda a dereita: Pilarita (irmá da Balbina), Purita (da carretera), Maruja (Florentín dos Vázquez), Beatriz, Doña Carmiña, Marisa (da Armada), Remedios (da Armada), Carmiña (da carretera) e Hermitas. Abaixo de esquerda a dereita: Minocha, Evita(filla de Manuela irmá de Balbina), Fela, María Xosé, María Teresa (Matexa, filla de Lidia do Sr. Pablo, prima do Sixto), Milagritos (filla do Emilio do Abo) e Xexa. A escola das nenas estaba situada onde hoxe está a casa de José (o zapateiro) polo ano 1.960 esa casa era propiedade de Isidro (de Viana, barrio de Sacardebois) natural de Celeirós.

Escola de nenos (A Teixeira, 1960)

Imagen
Arriba de esquerda a dereita: Luis (da Fermina), Pepe (do Salvador da Armada), Jose Luis (Ana Blanca), Pio, Pepito, Toño ( Paulino), Don Ramón, Pepe ( Villacarmen), Pepe (dos Vázquez), Pepe (da Elisa do fondo de Lugar), Eduardo. Abaixo de esquerda a dereita: Perfecto (Ana Blanca), Vicente Ramos(neto da Avelina), Paulino, Fonso(do Paulino), Gelasio(da Armada), Moncho(fillo de D.Ramón), Gonzalito(fillo de D. Luis secretario do concello), Laureano( do Campelo), Tino(do Florentín), Fermín (dos Vázquez), Pepiño (do Paulino), Cianito. Ubicación da escola dos nenos, por aquela época esa casa era propiedade  "dos Mosquera".

Partido de fútbol (A Teixeira, arredor de 1963 )

Imagen
 De esquerda a dereita arriba: Eduardo, Luis (da Fermina), Pepe (lavaredas), Pepito, Pepe(dos Vázquez) De esquerda a dereita abaixo: Julio, Sixto(da Armada), Pio, Benardino( da Armada). Esta foto fíxose no lameiro dos  Mosquera hoxe do Toñito no camiño indo hacia as Lagas

A praza da Teixeira anos 50

Imagen
A praza anos 50, pódese ver a Ramón veciño do pobo posando encima do pilón, tamén se observan as "ZZ" publicidade da fábrica de insecticidas de Porriño ó fondo encóntrase a capela aínda sen ampliar. Estas fotos son propiedade de María Xosé (colaboradora de este Blog). María Xosé e Carmencita " Villa Carmen " (ano 1.972). María Xosé no burro (ano 1.972).

A Teixeira dende A Carosa anos 50

Imagen
Foto de A Teixeira dos anos 50, foi sacada dende A Carosa, o rapaz das gafas era o " Pepe da Cándida" funcionario de Correos en Santiago de Compostela o outro mozo era Ramón padriño de María Xosé (dona desta foto) fillo da Má Manuela, morreu en Panamá no ano 1961.

A Teixeira 1962

Imagen
Praza de A Teixeira ano 1962.  A esquerda da foto pódese apreciar o tellado da capela recentemente ampliada, a edificación alargouse e subiuse en altura na zona que hoxe ocupa o altar, esa obra foi sufragada polos veciños do pobo, concretamente a de carpintería realizouna José Ramón Rodríguez González. Por aqueles tempos o cura era Xosé Temes natural da parroquía de Santa María de A Barra (Coles) e levaba exercendo o cargo dende facía catro anos. Chegou sustituíndo o difunto D. Secundino (cura da parroquia durante os anos 1912 - 1954) proveniente do convento de Santa Isabel (s.XVII) en Gordexola, Bilbao. Entre os anos 1954 e 1958 a parroquia foi atendida por D. Antonio, cura de Santa Tecla. Ó fondo da praza encontrábase o "Pilón" unha fonte construida no ano 1932 polo señor Lozano, natural da zona de Ramil e empregado da antiga cerámica de A Veiga (Maceda) ata o seu falecemento foi veciño do pobo de Xunqueira de Espadañedo. A Teixeira 60 anos despois.