María Xosé traenos unhas fotos para o recordo. Manolo Ramos, María Xosé, Ruperto, Ciano e Pili María Xosé e Ruperto ca súa avoa Manuela. Matilde, Encarna, Manuela, a señora Legunda e Rosa. Primeira comunión en Lumeares.
Praza de A Teixeira ano 1962. A esquerda da foto pódese apreciar o tellado da capela recentemente ampliada, a edificación alargouse e subiuse en altura na zona que hoxe ocupa o altar, esa obra foi sufragada polos veciños do pobo, concretamente a de carpintería realizouna José Ramón Rodríguez González. Por aqueles tempos o cura era Xosé Temes natural da parroquía de Santa María de A Barra (Coles) e levaba exercendo o cargo dende facía catro anos. Chegou sustituíndo o difunto D. Secundino (cura da parroquia durante os anos 1912 - 1954) proveniente do convento de Santa Isabel (s.XVII) en Gordexola, Bilbao. Entre os anos 1954 e 1958 a parroquia foi atendida por D. Antonio, cura de Santa Tecla. Ó fondo da praza encontrábase o "Pilón" unha fonte construida no ano 1932 polo señor Lozano, natural da zona de Ramil e empregado da antiga cerámica de A Veiga (Maceda) ata o seu falecemento foi veciño do pobo de Xunqueira de Espadañedo. A Teixeira 60 anos despois.
O grupo Suakai da un concerto na praza de A Teixeira. Vídeos: Música en Cada Rincón 2021 , o proxecto de "Music to Dream" que leva a música aos pobos máis pequenos de cada comunidade autónoma. Nesta ocasión, a música do espectáculo "Luces, Música ¡Acción!" A Teixeira (Ourense, Galicia) - 21 de agosto de 2021 https://www.musictodream.com/musica-e... Equipo: Liesbeth Baelus - violín Claudia Osés - violín e mandolina Alejandro Saúl Martínez - violoncellos Iván Carmona - violonchelo, frautas, duduk e guitarra Daniel Domínguez- batería e percusión Josu Erviti - enxeñeiro de son e trombón Ander Carmona - fotografía Rodamos Films (Fermín García y Javier Rodríguez) - audiovisuales Ilazki Martirena - vestiario Gañadora de "Música en Cada Rincón 2021" en Galicia: Paula Diz
Comentarios
Publicar un comentario