Entradas

Escola de nenas (A Teixeira, 1960)

Imagen
  Arriba de esquerda a dereita: Pilarita (irmá da Balbina), Purita (da carretera), Maruja (Florentín dos Vázquez), Beatriz, Doña Carmiña, Marisa (da Armada), Remedios (da Armada), Carmiña (da carretera) e Hermitas. Abaixo de esquerda a dereita: Minocha, Evita(filla de Manuela irmá de Balbina), Fela, María Xosé, María Teresa (Matexa, filla de Lidia do Sr. Pablo, prima do Sixto), Milagritos (filla do Emilio do Abo) e Xexa. A escola das nenas estaba situada onde hoxe está a casa de José (o zapateiro) polo ano 1.960 esa casa era propiedade de Isidro (de Viana, barrio de Sacardebois) natural de Celeirós.

Escola de nenos (A Teixeira, 1960)

Imagen
Arriba de esquerda a dereita: Luis (da Fermina), Pepe (do Salvador da Armada), Jose Luis (Ana Blanca), Pio, Pepito, Toño ( Paulino), Don Ramón, Pepe ( Villacarmen), Pepe (dos Vázquez), Pepe (da Elisa do fondo de Lugar), Eduardo. Abaixo de esquerda a dereita: Perfecto (Ana Blanca), Vicente Ramos(neto da Avelina), Paulino, Fonso(do Paulino), Gelasio(da Armada), Moncho(fillo de D.Ramón), Gonzalito(fillo de D. Luis secretario do concello), Laureano( do Campelo), Tino(do Florentín), Fermín (dos Vázquez), Pepiño (do Paulino), Cianito. Ubicación da escola dos nenos, por aquela época esa casa era propiedade  "dos Mosquera".

Partido de fútbol (A Teixeira, arredor de 1963 )

Imagen
 De esquerda a dereita arriba: Eduardo, Luis (da Fermina), Pepe (lavaredas), Pepito, Pepe(dos Vázquez) De esquerda a dereita abaixo: Julio, Sixto(da Armada), Pio, Benardino( da Armada). Esta foto fíxose no lameiro dos  Mosquera hoxe do Toñito no camiño indo hacia as Lagas

A praza da Teixeira anos 50

Imagen
A praza anos 50, pódese ver a Ramón veciño do pobo posando encima do pilón, tamén se observan as "ZZ" publicidade da fábrica de insecticidas de Porriño ó fondo encóntrase a capela aínda sen ampliar. Estas fotos son propiedade de María Xosé (colaboradora de este Blog). María Xosé e Carmencita " Villa Carmen " (ano 1.972). María Xosé no burro (ano 1.972).

A Teixeira dende A Carosa anos 50

Imagen
Foto de A Teixeira dos anos 50, foi sacada dende A Carosa, o rapaz das gafas era o " Pepe da Cándida" funcionario de Correos en Santiago de Compostela o outro mozo era Ramón padriño de María Xosé (dona desta foto) fillo da Má Manuela, morreu en Panamá no ano 1961.

A Teixeira 1962

Imagen
Praza de A Teixeira ano 1962.  A esquerda da foto pódese apreciar o tellado da capela recentemente ampliada, a edificación alargouse e subiuse en altura na zona que hoxe ocupa o altar, esa obra foi sufragada polos veciños do pobo, concretamente a de carpintería realizouna José Ramón Rodríguez González. Por aqueles tempos o cura era Xosé Temes natural da parroquía de Santa María de A Barra (Coles) e levaba exercendo o cargo dende facía catro anos. Chegou sustituíndo o difunto D. Secundino (cura da parroquia durante os anos 1912 - 1954) proveniente do convento de Santa Isabel (s.XVII) en Gordexola, Bilbao. Entre os anos 1954 e 1958 a parroquia foi atendida por D. Antonio, cura de Santa Tecla. Ó fondo da praza encontrábase o "Pilón" unha fonte construida no ano 1932 polo señor Lozano, natural da zona de Ramil e empregado da antiga cerámica de A Veiga (Maceda) ata o seu falecemento foi veciño do pobo de Xunqueira de Espadañedo. A Teixeira 60 anos despois.