Entradas

A Teixeira, reportaxe de "Galicia para o mundo" (TVG,2011)

Imagen
  Reportaxe de "Galicia para o mundo"

Reportaxe Informe Semanal (TVE), "España envejece" (2015)

Imagen
Imáxe de Benito veciño de A Teixeira  

Escrito de José Armesto Quiroga 14-12-1812

Imagen
Representación pola que D. José Armesto Quiroga, veciño de A Teixeira, parroquia de San Salvador de Lumeares, solicita que se equipen as alarmas de todo o necesario para a guerra ante o perigo de que os franceses entren de novo en Galicia  .  

Acuarela da praza de A Teixeira

Imagen
  Este cadro, propiedade de José Rodríguez Vázquez (xa falecido), foi recreado partindo dun recorte de prensa dos anos 70.

Un coche na praza de A Teixeira 1953

Imagen
Nesta foto pódese ver o coche americano do Melquiades (natural de Forcas) casado ca Manuela (filla do Perfecto do Gallardo) emigrantes en Cuba e propietarios de varios hoteles,un deles tíñano situado en Camagüei e o seu director era o Perfecto (tio do Pepiño). Os nenos que están o carón do coche son: Arriba; Manuel (da Ana Branca), Mingos, Carlos (do Abó) e Mariano,   Abaixo; Sindo, Fidel e Pepe (Villacarmen).

Escola de nenas (A Teixeira, 1960)

Imagen
  Arriba de esquerda a dereita: Pilarita (irmá da Balbina), Purita (da carretera), Maruja (Florentín dos Vázquez), Beatriz, Doña Carmiña, Marisa (da Armada), Remedios (da Armada), Carmiña (da carretera) e Hermitas. Abaixo de esquerda a dereita: Minocha, Evita(filla de Manuela irmá de Balbina), Fela, María Xosé, María Teresa (Matexa, filla de Lidia do Sr. Pablo, prima do Sixto), Milagritos (filla do Emilio do Abo) e Xexa. A escola das nenas estaba situada onde hoxe está a casa de José (o zapateiro) polo ano 1.960 esa casa era propiedade de Isidro (de Viana, barrio de Sacardebois) natural de Celeirós.

Escola de nenos (A Teixeira, 1960)

Imagen
Arriba de esquerda a dereita: Luis (da Fermina), Pepe (do Salvador da Armada), Jose Luis (Ana Blanca), Pio, Pepito, Toño ( Paulino), Don Ramón, Pepe ( Villacarmen), Pepe (dos Vázquez), Pepe (da Elisa do fondo de Lugar), Eduardo. Abaixo de esquerda a dereita: Perfecto (Ana Blanca), Vicente Ramos(neto da Avelina), Paulino, Fonso(do Paulino), Gelasio(da Armada), Moncho(fillo de D.Ramón), Gonzalito(fillo de D. Luis secretario do concello), Laureano( do Campelo), Tino(do Florentín), Fermín (dos Vázquez), Pepiño (do Paulino), Cianito. Ubicación da escola dos nenos, por aquela época esa casa era propiedade  "dos Mosquera".